venres, 16 de maio de 2014

Madrid 14-16 xullo: I Congreso Libertario Estudantil


Varias agrupacións estudiantís libertarias (ALE, CEL, ELS, FAEM, FES, FJL...) de distintos puntos do Estado español emprenderon ao longo deste curso un proceso federativo que culminará en Madrid, este verán, coa celebración dun primeiro congreso libertario estudantil a nivel estatal.

O obxectivo deste congreso é formalizar unha federación que integre ás distintas agrupacións libertarias de estudantes que apostan por un movemento estudantil independente de intereses partidistas, autoxestionario e que optan pola acción directa, así como determinar a liña de actuación que o movemento estudantil libertario seguirá ao longo do próximo período.
Ao longo destes meses realizouse un proceso de confluencia no que se afirmou a necesidade de que o movemento libertario se inserte nas loitas polo ensino, achegando, ante a ofensiva neoliberal, unha alternativa de proxecto educativo que pase pola xestión popular da ensinanza e o desenvolvemento doutras pedagoxías (libertaria, antipedagoxía, etc). Ademáis disto,  será un obxectivo fundamental actuar como cadea de transmisión que leve os conflictos da sociedade aos centros de ensino e viceversa.

O congreso desenvolverase no centro Garaldea (Chinchón), espazo acondicionado para acoller ás delegacións e desenvolver os debates, os días 14, 15 e 16 de xullo. 

Para contactar ou solicitar información á organización do congreso habilitouse o seguinte correo: 
info@congresolibertarioestudiantil.org


Do mesmo xeito, para favorecer a difusión do congreso, habilitouse unha páxina web (http://www.congresolibertarioestudiantil.org) e contas de Facebook (https://www.facebook.com/profile.php?id=100008253667250&fref=ts) e Twitter (https://twitter.com/CongresoLibEst).


Ningún comentario:

Publicar un comentario