sábado, 3 de maio de 2014

Crónica do un de Maio.

O un de maio o Colectivo Estudantil Libertario saíu ás rúas no bloque crítico conformado por  nos , os sindicatos alternativos  (CNT, CGT, CUT,SF, STEG) e a plataforma 22 M.


O percorrido deste ano foi diferente ao de outros, desmarcándonos totalmente dos sindicatos amarelos e oportunistas, simbolizando así cales son os sindicatos verdadeiramente combativos. Observamos que neste ano a diferenza entre as manifestacións dos sindicatos do poder e a do bloque crítico foi moi pouca, houbo un notable aumento na afluencia á manifestación na que sumamos arredor de trescentas persoas. Quizais isto é debido, a que os sindicatos hexémonicos cada vez teñen o descrédito de máis xente e as clases populares danse conta de que o sindicalismo vertical non funciona e que o que realmente funcionan son as estructuras de carácter horizontal onde as obreiras teñen voz e voto para poder decidir o que facer e como facelo.

A manifestación transcorreu pacíficamente , sen ningún incidente. Despois de terminar o percorrido da manifestación  e da lectura do manifesto por parte de dúas compañeiras, algunhas persoas do centro social ocupado de Ourense, Kasa negra, leeron un manifesto en recordo dos oito mártires de Chicago que foron asasinados defender a xornada laboral de oito horas. Ao mediodía como xa estaba anunciado preparamos un xantar popular en Oira, onde conversamos, debatimos e confraternizamos.



Loitar, crear, poder popular!

Ningún comentario:

Publicar un comentario